Cultura Vigo al minuto

A imaxe corporativa da Universidade, con dúas nominacións aos Premios Laus

A imaxe corporativa da Universidade de Vigo conseguiu dúas nominacións aos Premios Laus, os galardóns máis veteranos e prestixiosos en comunicación visual do país. O recoñecemento conseguido polo estudio Gráfica, o gañador do concurso internacional de ideas convocado pola Universidade, chega nos apartados Corporativa e Tipografía da categoría Deseño Gráfico.

Estes galardóns son os máis importantes a nivel nacional en tema de deseño, á altura do Premio Nacional de Deseño, aínda que neste caso o que se premia é ao autor e non á obra en si mesma e serve como primeiro filtro para acceder a outros premios a nivel europeo e, no caso de estar no podio, suporía estar no volume que se edita cada ano cos traballos dos gañadores.

Nacidos fai xa 40 anos, das 1.127 obras presentadas nesta edición seleccionáronse 225 finalistas, das que sairán os mellores en Deseño Gráfico, Interactivos, Creatividade Publicitaria, Audiovisuais, Gráfica e Comunicación de Administración Pública e Estudantes. O premios, organizados pola Asociación de Directores de Arte e Deseñadores Gráficos do FAD, premian ao traballo que mellor explique por si só a importancia do deseño gráfico e a dirección de arte.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.