Deportes Vigo al minuto

O Mondariz Seis do Nadal, subcampión da Liga FGB Infantil

O Mondariz Seis do Nadal.
O Mondariz Seis do Nadal.

O Mondariz Seis do Nadal, o infantil masculino e feminino ‘A’ do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, acaban de convertirse no equipo subcampión da Luga FGB Infantil Masculina desta tempada.

Dirixidos por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, esta segunda posición clasifica ao equipo masculino para xogar a Fase Interautonómica Infantil Masculina do Grupo Norte que se celebrará en Castela e León entre o 3 e o 6 de xuño. Nesta fase participarán os dous clasificados de Galicia, é dicir, o Mondariz xunto co Cidade Lugo 96, os tres primeiros clasificados de Castela e León, os dous de Asturias e o que acadou o primeiro posto en Cantabria.

Pola súa banda, o equipo feminino, adestrado por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, xogará a Fase Interautonómica Infantil Feminina do Grupo Norte que se celebrará tamén entre o 3 e o 6 de xuño en Marín. Farao fronte aos galegos Compañía María Vigo ‘A’ e Celta Maristas Caixanova, primeiro e tercer clasificado respectivamente; contra os dous primeiros de Asturias e Castela León e o líder de Cantabria.

También te puede interesar