Galicia

Únense para sacarlle máis partido as súas inversións

Xunta, Portos de Galicia e Autoridades Portuarias de Galicia traballarán de forma conxunta para o desenvolvemento integral da zona portuaria galega que lles permita acadar unha maior eficacia económica da actividade e das inversións portuarias. Algunhas veces con cousas tan sinxelas como o intercambio de información para avanzar en I+D+i, a coordinación de accións en materia de dársenas pesqueiras e náutico-deportivas ou na especialización respectando as demandas comerciais de cada área.

A formación en eidos como a xestión portuaria e a manipulación de mercadorías, é outro dos puntos nos que incidirá este protocolo, xunto co impulso a o patrimonio histórico dos Portos de Galicia. Para conseguilo, unha comisión manterá dúas reunións ao ano nas distintas Autoridades Portuarias de Galicia.

También te puede interesar