_agenda Agenda

Teatro, a tarde é puro teatro

Co día que fai a praias están ateigadas, fai demasiada calor, non hai onde aparcar… Así que case é mellor que te apuntes a algunha das obras que o programa ‘Vigo a escena’ ofrece esta tarde, unha para os máis pequechos da casa e outras dúas para o público adulto.

E como os rapaces teñen prioridade, a primeira en saltar ao escenario será a obra ‘Pirilín e o misterio do bosque’ (18:30 horas) de Mascalú Produccións, que estará na AVV San Xurxo de Saiáns. Durante unha hora Pirilín amosaranos as súas aventuras, un trasno habitante do Bosque das Mil Árbores que intenta impedir os plans da malvada meiga Menagalla, que pretende destruilo cunha gran fogueira para a festa da raíña das meigas. Antes de empezar a actuación, pais e nenos poderán pintar os decorados da obra coa axuda da orientación de monitores que darán todos os materiais necesarios.

Ás 20 horas chega  San Miguel de Oia a obra de Máscara Produccións ‘Por diante… e por detrás’, noventa minutos nos que ver unha histérica compañía de teatro, unha estrea e unha xira, con sardiñas, enredos sexuais e moitas portas. Unha ollada ao mundo de teatro desde todos los puntos de vista.

Xa para rematar a xornada, Disque Danza leva á SCAR Helios de Bembrive a obra ‘Días masticados, noites frías: nen contigo nen sen ti’ (21 horas). Tres mulleres coas súas soidades particulares comparten co auditorio o seu xeito de estar, de sufrir, de anhelar, ás veces por medio da palabra e outras co movemento.

También te puede interesar