_agenda Agenda

Facer un barco está nas túas mans

Se eres un manitas, gústanche as manualidades e a náutica, o Museo do Mar ten un obradoiro pensado especialmente para ti. Xunto coa Asociación de Modelistas Navais de Galicia e a firma de modelismo Occre, o museo acolle desde hoxe mesmo o I Curso de iniciación ao modelismo naval.

No obradoiro, impartido por tres monitores e dirixido a maiores de 12 anos, cada alumno terá a oportunidade de montar un kit dunha gamela de A Guarda. Co curso prreténdese captar aos mozos no mundo da construcción naval a escala. As clases prolongaranse ao longo de catro sábados e durará tres horas semanais (de 10:30 a 13:30 horas).

También te puede interesar