Deportes Galicia

A maioría dos clubes galegos de piragüismo, con instalacións deportivas precarias

Esteban Alonso e Alfredo Bea, vicepresidente e presidente da Federación Galega de Piragüismo.
Esteban Alonso e Alfredo Bea, vicepresidente e presidente da Federación Galega de Piragüismo.

Falta de espazo, humidade e precariedade no material deportivo. Esa é a tónica predominante nos clubes de piragüismo galegos, nalgún caso ata límites lamentables: clubes en gabarras, moitos en situación de media alegalidad, a pé de praia, sen vestiarios… Ao ver o dossier de deficiencias emitido por varios clubes un dase conta de que “urxe conseguir un plan de inversión en infraestructuras das Administracións”. Un exemplo: o Kayak de Mar Muros Noia ten como sede un remolque de camión que se usa para gardar o material e aínda así ten acollido campionatos galegos e nacionais.

A Federación Galega de Piragüismo leva meses recollendo información de primeira man sobre as necesidades dos clubes galegos, para o que lles solicitaron información documentada sobre o estado das súas instalacións. En total, unha quicena de clubes (Club Tambo de Marin, Club Piragüismo Vilaboa, Club Morcego de Boiro, Club Fluvial Avión de Ourense, Club Kayak de Mar Ria Muros Noia, Club Deportivo San Ciprian, Club Piragüismo Rianxo, Club Val Miñor-Frioya, Club Piragüismo Verducido, Real Club Nautico Rodeira Club Nautico Cobres, Club Piragüismo Cambados, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo As Torres-Romeria Vikinga de Catoira) remitiron os seus informes detallados con fotografía.

O presidente, Alfredo Bea, cre prioritario transmitir todos estes datos ás administracións, para poder conseguir inversións xa que “temos grandes campións, pero si miramos aos nosos pés, non pisamos un chan firme, porque moitos clubes sobreviven en estado lamentable”.

También te puede interesar