Agenda Cultura

Reserva sitio para escoitar a Norah Jones

Norah Jones.
Norah Jones.

Se non queres perder a oportunidade de ver a Norah Jones en concerto, mañá xa podes comprar a túa entrada. Poranse á venda 1.500 entradas a 12 euros se se adquiren de xeito anticipado ou 15 se prefires esperar a se a poder coller en taquilla. Se eres previsor terás as entradas á venda na web de Servinova, no teléfono 902 504 500 ou na propia Central de Espectáculos na rúa Velázquez Moreno.

Se che parecen moitos cartos sempre poderás ver á cantante norteamericana desde as gradas de balde, xa que o concerto será o vindeiro 14 de xullo (22:30 horas) no auditorio ao aire libre de Castrelos. Será a primeira das actuacións que se celebren dentro das Festas de Verán 2010 e unha das tres únicas citas que a cantante, pianista e compositora dará en España dentro da súa xira mundial.

También te puede interesar