Destacados Vigo al día

A Universidade de Vigo busca dirixente

Case 24.000 persoas terán dereito a voto nestas eleccións.
Case 24.000 persoas terán dereito a voto nestas eleccións.

Dous candidatos, dúas filosofías e máis de 23.600 votantes que poderán exercer o seu dereito ata as 19 horas. Ás 10 da mañá abrirán as mesas para elexir ao novo reitor e ao novo Claustro da Universidade de Vigo tras unha xornada de reflexión que puña fin a unha campaña intensa e non libre de polémica.

Salustiano Mato, candidato de Alternativa Universitaria, catedrático de zooloxía e director xeral de I+D+i da Xunta nos anos do Bipartito, creou un clube de fans en Internet chamado ‘Euxtanomato’, copiando a célebre frase de Belén Esteban, no que penduraron vídeos sobre o candidato, nun deles cunha suposta amante interpretada por unha actriz. Mentres, Jaime Cabeza, líder de ‘Nova Universidade’ e catedrático de Dereito do Traballo, baseou o seu lema ‘+KBEZA’ no utilizado por Obama e presentou unha lista de actuacións para os 100 primeiros días, entre elas a redución dun 50 por cento nos custos dos dirixentes da Universidade ou a implantación de becas express para alumnos con dificultades económicas.

Dúas candidaturas que apelan ao cambio e que prometen un xiro total con respeto ás políticas que se estaban levando a cabo ata o momento. Unha vez pechadas as urnas haberá que esperar a preto das 21 horas para saber o nome do novo reitor, aínda que nas enquisas Mato leva unha lixeira vantaxe. Todo está en mans de máis de 23.600 membros da Universidade de Vigo, entre doutores (913 que teñen o 51 por cento do voto ponderado), estudantes (20.966 co 30% do voto), administrativos (698 co 10% do sufraxio) e personal investigador (1.090 co 9 por cento).

Claustro

Para coñecer os resultados da nova composición do Claustro haberá que esperar previsiblemente ao día seguinte. A principal novidade neste apartado será a estrea dun sistema pioneiro nas universidades galegas que garante a paridade entre homes e mulleres. Así, do número de candidatos que se poidan votar só un 60 por cento poderán ser do mesmo xénero. Para facilitar o voto e non liar aos electores, en cada papeleta haberá dúas columnas separando homes de mulleres e indicando o máximo de persoas do mesmo sexo que se poden votar.

También te puede interesar