Comarcas

Os nenos soñan na súa illa particular en Tui

O ‘Mes dos libros’ segue co seu programa na Biblioteca Municipal de Tui cunha cita que non deixará indiferentes aos máis pequenos. Esta tarde (18 horas) poráse en marcha o espectáculo ‘A maxia dos soños’, a cargo da compañía A ill@ dos nen@s, que repite logo dunha exitosa participación nas actividades de outono da Biblioteca.

O espectáculo é un conto inédito no que os asistentes disfrutarán dunha fermosa historia que ten como protagonista a un neno que quere ser mago e que a través dun soño moi especial no que lle pasan cousas máxicas é quen de facer realidade esta ilusión. O conto relátase cunha voz en off e é representado por un mesmo actor que fai o papel de neno e os distintos personaxes que son monicreques. A actividade, que combina maxia e títeres, está dirixida especialmente aos máis cativos.

También te puede interesar