Comarcas Cultura

En Cans soará música ata nos ‘jaliñeiros’!

O chimpibús, o transporte máis empregado en Cans. Foto: Festival de Cans.
O chimpibús, o transporte máis empregado en Cans. Foto: Festival de Cans.

Dous estreos mundiais, un reestreno de altura, 12 curtas de ficción para quitar o alento, a mellor animación, os videoclips máis modernos, as propostas máis ‘frikis’, o concerto máis rockero de Coque Malla, a presentación do novo traballo de Di Elas e moita máis música… Este anon no Festival de Cans vai a soar a música ata nos galiñeiros!

O ‘Jaliñeiro Unplugged’ e o ‘Rock’nRoad’ son dúas das novidades máis xugosas desta sétima edición, aínda que non as únicas. Se Hollywood ten o seu paseo da fama, en Cans non van ser menos e este ano inaugurarán o Torreiro das Estrelas, porque polos galpóns e camiños do pobo van pasar caras coñecidas a esgalla. Algúns deles incluso están no xurado. O agroglamour imporase. E ollo, que este ano haberá que andar con coidado que se presenta o primeiro xurado de veciños da historia do festival.

E se non queres levalo coche… estás de noraboa! Por primeira vez haberá un servicio de autobuses de balde para ir desde O Porriño ata Cans a disfrutar da troula. E xa sabes, polas rúas de Cans o que se estila é o chimpibús.

Se non tes entrada haberá moita animación e moitas actividades para as que non precisas rascalo peto. Hai que ir preparándose, que a sétima edición do Festival de Cans non vai dar tregua.

También te puede interesar