Deportes

Rafa Nadal, cinto negro honorífico da Federación Galega de Taekwondo

Rafa Nadal coa indumentaria de taekwondo.
Rafa Nadal coa indumentaria de taekwondo.

O tenista Rafa Nadal é o primeiro dan honorífico da Federación Galega de Taekwondo. O campión, que onte gañou o Open de Madrid, recibiu a unha representación do club Natural Biomeganutrición Ribeira, que está a facer unha campaña de promoción con deportistas cuns valores significativos para a xuventude.

Desta forma, Nadal xa ten no seu poder o cinto negro honorífico da Federación Galega e amosou en todo momento un gran sentido do humor e quixo poñerse o dobok da Galega e facerse unha foto con el posto e cos representantes do Natural Sport. O Natural, grazas aos seus patrocinadores Biomeganutrición e Pereira Produtos do Mar, está a realizar unha campaña de actos promocionais na que participan as e os deportistas do club, que teñen a posibilidade de coñecer a figuras do deporte, como Rafa Nadal, nesta oportunidade.

También te puede interesar