Agenda Comarcas

O libro é hoxe o gran protagonista en Tui

O Paseo da Corredoira será hoxe o esceario principal do festexo do Día das Letras Galegas en Tui. Durante 10 horas acolle a XII Feira do Libro Galego, organizada polo concello cun orzamento de 5.000 euros e axudada polas librerías Byblos, Iris e Valverde. A inauguración correrá a cargo do escritor tudense Fernando Álvarez, autor de ‘El glorioso bálano de Randufe’ e ‘Asesinato de una mariposa’.

Dende as 12 horas e ata ás 22 horas o público poderá pasar polos 21 postos de libros que se instalarán na Corredoira, nos que haberá un 10% de desconto. Haberá títulos en galego de literatura infantil, xuvenil, novela, viaxes, gastronomía, e por suposto tamén a obra de Uxío Novoneyra, autor a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Tamén nos postos das librarías estarán presentes as obras do escritores tudenses tanto en castelán coma en galego.

Trala inauguración ofrecerá un recital de poesía a Asociación de Poetas do Baixo Miño. Ás 12.30 h está prevista a actuación do grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns. Xa pola tarde, e coma novidade na feira, entre ás 16.30 e ás 19.30h haberá inchables para os máis pequenos. Ás 18 h actuará o grupo de pandereteiras “As Dabadía” da Asociación Cultural A Insua de Caldelas. E por último ás 20 h haberá unha representación de “Palabras máxicas”, espectáculo de maxia con contidos para a animación á lectura e a dinamización do galego, a cargo de Christian Magic.

También te puede interesar