Destacados Internacional

O goberno francés quere aumentar a idade de xubilación e a presión fiscal ás rendas máis altas como medidas contra o déficit

 

Sarkozy e o ministro de Traballo,Eric Woerth (con gafas)
Sarkozy e o ministro de Traballo,Eric Woerth (con gafas)

Aumento da idade de xubilación e incremento da presión fiscal ás rendas máis altas. Estos son os dous puntos nos que baseará o goberno francés a súa reforma do sistema de pensións para facer fronte ao déficit público. Así comunicoullo o ministro de Traballo aos partidos da oposición e as centrais sindicais e, ainda que aseguroulles que sería flexible na negociación destas medidas, Eric Woerth advertiulles que estos dous puntos terían que ser a base do acordo.

A realidade é que os 60 anos de idade mínima para optar á xubilación en Francia é das máis baixas dos estados da UE, polo contrario a esixencia de cotización de 41 anos para cobrar a pensión completa é das máis altas. O goberno quere aumentar as dúas, pasando dos 60 aos 62 anos e dos 41 de cotización a 43. ¿Por qué? Á realidade é que as contas do sistema francés de pensións non dan: hoxe xa ten un buraco de 25.000 millóns de euros que, segundo o goberno Sarkozy, co actual sistema pode superar os 100.000 millóns dentro de 40 anos, se pasase iso, dacordó co actual crecementó vexetativo da población, o sistema sería insostible.

 

También te puede interesar