Destacados Nacional

O euro, en caída libre

A crise afecta á moeda europea de xeito estrepitoso. Esta mañá o euro mantiña a súa debilidade frente ao dólar e, tras unha semana de malos resultados, chegaba ao mínimo de fai catro anos cun mínino de 1,2306 dólares na plataforma de negocios EBS. O medo á insolvencia de varias economías europeas é a que provocou esta caída do 7 por cento nun mes na moeda, case a metade da devaluación acumulada no que vai de ano.

Os expertos miran expectantes ao futuro do euro, que de baixar ata os 1,1640 dólares poríase a niveis de novembro de 2005 e auguraría un futuro moi negro a unha moeda que ten que loitar contra o medo a que máis países pidan plans de rescate que afundan aínda máis os seus valores. Un dato moi malo para as exportacións.

También te puede interesar