_agenda Agenda

‘Vigo a escena’ deixa un sabor agridoce

O programa ‘Vigo a escena‘ deixa dúas novas propostas para a xornada de hoxe. O público infantil ou familiar poderán disfrutar a partir das 18 horas na AVV CR San Mamede de Zamáns da obra ‘Un día moi especial’, a cargo de Páprika Teatro. Case 45 minutos nos que o dúo ‘Os Pablos’ terá que dar o mellor de si para amosar un bo espectáculo diante dun xurado que podería chegar a elixilos para participar no Gran Festival. Palmas, cantos e unha boa actitude por parte do público ata que chega un gato que di saber como axudalos a saír do que parece ser un inevitable fracaso.

Para o público adulto, Atrezo Teatro chega á AVV CD Santa Mariña de Cabral (19 h) con ‘Bágoas de noitebrega’. A obra reflicte un enfrontamento entre dous bandos, vencedor e vencido, sen regras, no que o fin xustifica os medios e todo é lícito cando se trata de gañar… aínda que ao final, sexa cal sexa o resultado, todos perden. Pero non é unha guerra como calquera outra: o campo de batalla é o salón da casa de Marcelo, os bandos a familia deste e a muller que vive con el, o obxectivo… o dun bando son os cartos e o do outro a información. As armas empregadas son ambición, hipocrisía, envexa, carraxe… e moitas outras, ocultas as veces baixo unha aparencia amable ou, incluso, cariñosa.

También te puede interesar