Vigo al día

Se vas a Castelao, monta aquí e pedalea

 

bicicletaO Concello iniciará nas vindeiras semanas os traballos de adecuación dun carril bici na Avenida de Castelao. A actuación, que prevé unha inversión de 290.000 euros, recolle a adecuación dun sendeiro existente como tramo de carril bici de máis de 1,5 kilómetros de lonxitude e o acondicionamento da superficie mediante un tratamento superficial de color previa limpeza da mesma.

 

Segundo unha nota difundida pola Alcaldía, o proxecto, no que traballarán oito persoas durante un período aproximado de seis meses, recolle tamén a instalación da sinalización necesaria, vertical e horizontal, aportando seguridade ao percorrido, “xerarquizando o tráfico rodado, peonil e ciclista“.As obras foron adxudicadas provisionalmente en Xunta de Goberno a pasada semana e estarán financiadas con cargo ao Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local (FEESL). A aposta do goberno local pola bicicleta responde a potenciación dunha cidade sostible e ecolóxica“, asegura a nota, de feito, “o uso da bici está amplamente recoñecida como unha actividade sana e económica, ademáis de ter efectos beneficiosos non só para as persoas que a usan senón para a sociedade en xeral”.

 

También te puede interesar