_agenda Agenda

Príncipe convírtese na rúa da poesía

Houbo un tempo no que a poesía deixou de ser o que era e estar onde se cría que estaba. Dos versos aos silencios, da linguaxe aos espazos baleiros, a poesía ocultábase en lugares cada vez máis remotos e incomprensibles. Alí onde non chegaba a razón situábase ela e non había forma de sacala á luz. Pero preparada para a resistencia, ata chegado o caso de que a escritura fose abolida, agora rexurde con ‘Poéticas para unha vida’. O programa traenos esta tarde dúas novas actuacións.

Ás 17 horas, Areta González, Noelia Fernández e Emilio Zörn levará a poesía en acción pola rúa do Príncipe. Xa ás 20 horas, o Verbum-Casa das Palabras acollerá inéditos libres con Marcos de la Fuente, Bea Romarty, Sociedad Psicogeográfica de Salamanca (Emilio Papel e Luis Somoza) e Penúltimo acto-Grupo de acción poética. Non o podes perder: a poesía coarase por cada recuncho da túa vida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.