_agenda Agenda

Arte para a harmonía social

Cada ano desde 1977 os museos do mundo enteiro festexan xuntos o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral polas actividades que realizan estos centros de arte. E nesta ocasión preténdese unir arte á solidariedade. Baixo o lema ‘Museos para a harmonía social’, este ano a celebración busca un contexto de entendemento mutuo, pluralidade e tolerancia no que se promova a creatividade dos individuos, a diversidade e a diferenza como valor en si mesmos.

E o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) súmase a esta celebración con actividades especiais durante toda a fin de semana, como visitas guiadas ás exposicións temporais de Candida Höfer e Jose Dávila, obradoiros, audicións musicais para público familiar realizados en colaboración coa Fundación Igualarte e ampliando os horarios (aberto de xeito ininterrumpido de 11 a 21 horas). Todo de balde, por suposto.

Hoxe a primeira actividade será o obradoiro infantil ‘Música e cor’ (de 12 a 14 e de 17 a 19 horas) no que nenos a partires de 3 anos acompañados de un adulto ou sos crearán instrumentos musicais (tambores, rascadores, maracas e outros instrumentos de percusión)  clasificados por sons, timbres e colores, para utilizar nas audicións do resto da fin de semana. A primeira audición e animación musical, ‘Son son’, celebrarase de 19 a 20 horas no salón de actos do museo. Será un exercicio de animación musical dirixido por profesores e alumnos de IgualArte no que a clave é a participación do público con audicións, ritmos, cores, xogos sonoros e moito movemento.

Ademáis, poderás participar nos percorridos pola obra da fotógrafa Candida Höfer na compaña dos monitores de sala na planta baixa do museo ás 13, 17 e 19 horas. E mañá moito máis.

También te puede interesar