_agenda Agenda

Vente a vivir a unha árbore con Sarabela Teatro

Grandes e pequenos teñen unha cita esta tarde (20 h) no teatro municipal de Tui con ‘Cósima’, a última obra de Sarabela Teatro, unha das compañías máis consolidadas de Galicia con 29 anos sobre os escearios ás súas espaldas. A obra, escrita por Chris Baldwin, está dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda.

Unha obra en ton de comedia que  narra a historia dunha nena que marcha a vivir a unha árbore, fuxindo dun pai autoritario e distante. No seu refuxio comunícase coa súa nai a través dunha linguaxe de signos que elas mesmas inventaron.

Consegue as túas entradas en Internet ata as 16:30 horas ou no despacho de billetes a entre 2 e 3 euros a partires das 18:30 horas.

También te puede interesar