Galicia

O BNG acusa á Xunta de excluir o galego de varias webs oficiais que aparecen penduradas só en castelán

O diputado do BNG Bieito Lobeira ven de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que esixe explicacións ao Goberno de Feijóo por “excluir o galego” nalgunhas das páxinas web dependentes da Xunta. Lobeira advirte que a devandita actuación incumple o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística que vencellan ás institucións galegas e o pulo da lingua propia de Galicia.

O parlamentario nacionalista rexistrou unha proposición non de lei na que insta ao goberno galego a garantir a publicación en galego, coma opción inicial, de todos os contidos e informacións pendurados nas páxinas web oficiales nos seus distintos departamentos, asi coma nas sociedades, entes, e empresas públicas rexidas pola Xunta ou participadas por ela.

Lobeira tamén presentou una pregunta na que pide explicacións pola exclusión «deliberada» da lingua gallega na web oficial da Secretaría Xeral para o Deporte www.deportegalego.com

Outro exemplo de «retroceso», agregou, son as comunicaciones oficiais remitidas polo Instituto Galego de Consumo, que tamén «excluen a lingua galega».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.