RGPD - Cookies
Agenda Cultura

O Casco Vello convértese nunha sala de exposicións xigante

Unha parte da mostra exposta no Dona Vaniri, na Porta do Sol.
Unha parte da mostra exposta no Dona Vaniri, na Porta do Sol.

En total, 347 fotografías de 127 autores expostas nunha vintena de locais de ocio do Casco Vello. Tras dous meses como protagonista do II Concurso de Fotografía Vigovello e con centos de persoas paseando polas súas rúas intentando captar a súa particular visión do casco histórico, agora as imaxes impresas en papel fotográfico profesional de 30×40 montadas sobre cartón pluma estarán expostas ata o vindeiro 12 de xuño nun listado de locais que podes atopar na web de Vigovello con horario de apertura, direccións e unha lista dos autores que expoñen en cada sitio. Se tes moita curiosidade, na web incluso poderás atopar un plano de Google Maps coa ubicación exacta de cada local.

Sen unha temática especial, a maioría das imaxes dan unha visión crítica e socialmente comprometida co Casco Vello, «ás veces cunha crítica constructiva e outras non tanto». Pero sempre poñendo de relieve o ámbito no que viven os cidadáns do Casco Vello e cunha calidade fotográfica incluso superior á do ano pasado.

O 90 por cento dos participantes é xente moza, moitos de eles estudiantes de fotografía para os que participar nesta macro exposición suporá un bo dato no seu curríulum. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 11 de xuño, momento no que xa entregarán o seu cheque-compra por valor de 500, 300 e 200 euros.

Debido a inxente cantidade de participantes, non se poderán entregar máis cheques de compra para mercar nos establecementos de Vigovello, pero darase un certificado de accesit as 30 millores finalistas. Estas obras e as dos gañadores exporanse a partir do 14 de xuño nun lugar aínda por determinar.

O certame pon de manifesto a rehabilitación que está a sufrir o Casco Vello, atraendo cada vez a máis xente e empresarios. Aínda que iso ten un perigo: «Canto mellor está a zona máis esixentes nos volvemos e máis detalles atopamos que se poden mellorar».

Non te perdas esta oportunidade única de ver o outro Casco Vello mentras tomas uns viños polo casco histórico da cidade.

También te puede interesar