_agenda Agenda

‘Mamasunción’, testemuña de que o galego existe

Cúmprense 25 anos do rodaxe da primeira película en galego e, para festexalo, nada mellor que a proxección do documental ‘Mamasunción volve ao correo’, unha obra homenaxe a Chano Piñeiro que fala da reflexión do feito histórico que nos permite falar de cinema en galego. Será o vindeiro esta tarde ás 20 horas no Verbum.

A idea de realizar este documental xurdiu ao ver a homenaxe que lle fixo Ignacio Vilar a Chano Piñeiro con ‘Sempre Xonxa en Petín’. Dividido en cinco partes en función dos seus cinco protagonistas: a velliña Mamasunción, o bohemio, o carteiro, a aldea e o propio Chano.

Chano Piñeiro

O cineasta comezou a traballar nos anos setesta, pero foi con Mamasunción coa cinta coa que o director gañou multitude de premios e recoñecemento internacional. A curtametraxe está baseada nas lembranzas de Chano no seu pobo, Forcarei, e nel aborda os efectos dramáticos da emigración.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.