_agenda Agenda

Un premio nacional de literatura, na biblioteca de Tui

O escritor Alfredo Gómez Cerdá.
O escritor Alfredo Gómez Cerdá.

Alfredo Gómez Cerdá, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009, manterá esta tarde un encontro na Biblioteca Municipal de Tui (18 h) cos seus lectores. Este encontro está orientado especialmente aos rapaces de 8 a 12 anos, que son un dos segmentos de público que seguen con máis interese a obra de Gómez Cerdá.

No decurso deste encontro cos seus lectores, o escritor explicará aos asistentes o seu proceso creativo, atenderá ás preguntas que lle formulen os asistentes e asinará libros. A actividade forma parte da programación do ‘Mes dos libros’ da Biblioteca Municipal de Tui.

Toda unha vida escribindo

Alfredo Gómez Cerdá naceu en Madrid fai xa medio século. Comezou a escribir con 11 anos porque sentiu atracción pola literatura desde pequeno. Ler transportábao dende o seu barrio, gris e anodino, a lugares incribles, con paisaxes fascinantes e seres humanos moi diferentes aos que tiña coñecido. Ao mesmo tempo descubriu que escribir permitíalle expresar as súas ideas e comunicarse cos demais. Decidiu axiña que os libros o acompañarían sempre.

Primeiro dedicouse ao teatro, pero a partir de 1982, cando gañou o segundo premio ’El Barco de Vapor’ polo seu libro ‘Las palabras mágicas’, decantouse pola literatura infantil e xuvenil. Colaborou en proxectos educativos levados adiante en Estados Unidos e os seus libros se teñen publicado por Europa (Francia, Italia, Portugal, Dinamarca, Suecia, Noruega e Islandia), América (Canadá, EEUU, México, Colombia, Argentina e Brasil) e Asia (Corea e Líbano).

También te puede interesar