Comarcas Vigo al minuto

Isabel Núñez atinou coa imaxe da Coca

A pontevedresa Isabel Núñez Montero é a gañadora do concurso de carteis das Festas da Coca 2010, premiado con 300 euros. Lembrando aos participantes na Danza de Espadas arredor do nome da festa e sobre un fondo laranxa, a gañadora tivo que enfrentarse a outros 24 traballos enviados ao certame. O cartaz gañador será o que utilice para anunciar as festas o Concello de Redondela, que posuirá todos os dereitos de reproducción, difusión e transmisión, entre outros. O resto de carteis participantes poderán recollerese no Multiusos da Xunqueira ata o 10 de xuño, senón tamén pasarán a ser propiedade do concello.

A festa

Declarada de Interés Turístico Galego en 2001, a lenda sobre o inicio da festa ven de lonxe, cando fai moitos séculos contan as historias que había un dragón que ás veces se achegaba ata a vila para levarse a unha moza a súa cova. Unha historia que se repetía cada ano ata que os mariñeiros se armaron de coraxe e decidiron encararse ao monstro. Venceron, liberaron ás mozas que aínda estaban na súa morada e, para festexalo, os loitadores colléronse das espadas e comezaron a bailar arredor do dragón morto.

Para relembrar esta lenda ancestral, todos os anos no desfile de Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca e realízase de novo a Danza das Espadas e o Baile das Penlas. En total, 5 días de festa cun amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas.

También te puede interesar