Deportes Vigo al día

O Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra, rei do Miño

Lugo foi o protagonista do piragüismo galego, xa que acolleu o ‘LIV Descenso do Miño’, unha das probas máis emblemáticas de España, só superada en lonxenvidade polo ‘Descenso do Sella’. O Clube Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra proclamouse campión nesta edición, na clasificación xeral por clubes, mentres que o Club Piragüismo Illa de Arousa e o Real Club Náutico Rodeira de Cangas acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

En total, 33 equipos, cinco categorías participantes (K-2, K-1 e C-1 senior xuvenil e cadete masculinos e femininos) e un percorrido de 17,5 quilómetros (9 no caso dos cadetes) que os deportistas tiveron que facer entre a incesante choiva que encheu o caudal do río. O mal tempo non impedíu que numeroso público presenciara a competición desde a beira do río.

A proba puntúa para a ‘XV Copa Galega de Ríos e Travesías’, polo que sumáronse á competición a última hora dous clubes de Asturias.

También te puede interesar