Deportes Vigo al minuto

Galicia consegue 24 medallas no Open Arrigorriaga

Os cadetes galegos volveron amosar o seu altísimo nivel no Open Arrigorriaga disputado esta fin de semana en Vizcaia. En total, catro ouros, nove pratas e once bronces para o taekwondo galego, que participou neste campionato cadete con 50 competidores acompañados de catro técnicos. Pero non son os únicos resultados bos dos cadetes galegos no que vai de tempada, xa que no Open Internacional de España o equipo galego acadou a segunda posición na clasificación xeral.

Os catro OUROS tráenos a casa Sara García (Garrapucho), Adrián Jiménez (Natural Sport), Miguel Cobas (Natural Sport) e Serafín Martínez (Kiap Cangas). A PRATA recaeu en Erea Alonso (Area), Ainara Brion (Natural Sport), Gaila Fernández (Kiap), Isabel Feijo (Taebek), Lucía Vieitez (Kiap Cangas), Ana Figueiras (Garrapucho), Víctor Montes (Kiap Cangas), David Ansede (Moo Duk) e Pepe Vázquez (Natural Sport). Mentres Janice López (Moo Duk), María Carreiro (Taebek), Paloma López (Suh), Álvaro García (Maniotas), Iván Vagner (Garrapucho), Raúl González (As Sport), Marcos Durán (Kiap Cangas), Andrés Freijeiro (Couto), Luis Reiriz (Mat’s), Pablo Fernández (Patiño) e Manuel Parada (Natural Sport) acadaron a medalla de BRONCE.

También te puede interesar