Deportes Vigo al minuto

O Club de Piragüismo Vilaboa presume de futuro

O presidente da Federación Galega de Piragüismo visitou as instalación do Club de Piragüismo de Vilaboa para coñecer as instalacións e ver as deficiencias que presentan. Unha precariedade que se resume nos trastornos que se derivan da insuficiencia de espazo dispoñible e que dispoñen dunhas instalacións “antigas e artesanais”. Co afán de mellorar a calidade da práctica deportiva dos piragüistas de Vilaboa, o clube xa posúe un proxecto redactado por un estudo de arquitectura co que pretenden levar a cabo unha modesta reforma que logre obter unhas instalacións dignas e integradas no espazo natural no que se atopan, en Areeiro,  e que duplique a superficie útil interior sen que afecte ao volume externo do edificio.

José Enrique Acuña, presidente do clube, agarda que o “financiamento económico non sexa un atranco para poder levar a cabo un proxecto necesario no que tantas ilusións temos depositado”. Esta visita enmárcase dentro da rolda de contactos que a Federación Galega de Piragüismo puxo en marcha no mes de marzo para visitar os clubes asociados e poder coñecer o estado no que se atopan as súas instalacións. Ademais vaise recollendo información para facer un balance co que solicitar das diferentes administracións colaboración económica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.