Cultura Destacados

Vigo terá a primeira escola municipal de regueifa

Concurso-escolar-regueifasPara que o futuro do patrimonio inmaterial galego, o Concello de Vigo creará a primeira escola municipal de regueifa en colaboración co Centro Cultural e Veciñal de Valadares. O tenente de Alcalde, Santi Domínguez, anunciouno durante a quinta edición do Certame Escolar de Regueifas, no que participaron máis de 400 estudantes da ESO de 8 centros escolares de Vigo e que celebrou hoxe a súa final en Valadares.

Nesta edición participaron alumnos dos centros IES Castelao, IES Politécnico, IES República Oriental do Uruguai, IES Teis, IES Manuel Antonio, IES Beade, CPR Quiñones de León e o CPR Nosa Señora da Esperanza. Esta iniciativa completa os obradoiros de regueifa postos en marcha para pór en valor a tradición da cultura oral galega e de dar a coñecer a rima, ritmo e métrica da poesía.

También te puede interesar