Comarcas

As bibliotecas de Redondela intercambian recursos

Representantes das dúas bibliotecas municipais, a de Redondela e a de Chapela, e responsables das bibliotecas dos centros de ensino do municipio reuníronse no CEIP Alexandre Bóveda para establecer lazos de colaboración, debater cuestións que lles atañe, intercambiar impresións e establecer liñas de traballo útiles para mellorar as posibilidades das bibliotecas.

Entre as medidas que tomarán está unha campaña de comunicación cara aos usuarios para darlle máis visibilidade ao traballo e as acción que desenvolve cada centro, ademáis de compartir recursos a través de ferramentas para intercambio de fondos e material. Ademais, colaborarán para beneficiarse de recursos de dinamización aos que, por cuestións orzamentarias, non se pode ter acceso de xeito individual e establaceron a posibilidade de desenvolver un grupo de traballo ou seminario permanente sobre as bibliotecas, a través de xuntanzas trimestrais e doutras fórmulas de intercambio de información.

También te puede interesar