Agenda Cultura

A poesía pode envolver a nosa vida

A escritora María do Carme Kruckenberg.
A escritora María do Carme Kruckenberg.

Un ano máis, Inaudita organiza no Verbum-Casa das Palabras o ciclo ‘Poéticas para unha vida’, que nesta ocasión levará a reputados escritores hasta este museo vigués durante todo o mes de maio. A encargada de arrancar o ciclo será a escritora viguesa María do Carme Kruckenberg, unha das poetas galegas máis relevantes da súa xeración. Acompañada ao violoncello por Susana Branco Nova, a partir das 20 horas Kruckenberg recitará poemas de ‘Vivir, aventura irrepetible’, ‘Lembranzas de beleza triste’, ‘As complexas mareas da noite’ e ‘Os límites do arreguizo’.

Partícipe desde moi nova da vangarda poética española na que colaborou da man de Vicente Aleixandre, Rafael Alberti o Dámaso Alonso, a escritora é parte da memoria viva e cultural deste país. Con 20 libros en galego e 9 en castelán ás súas espaldas, ademáis de contos, traducións e artigos, compón unha polifacética e abundante produción entre a que figura tamén varios libros inéditos.

Viguesa Distinguida, Premio Alecrín, Medalla de Galicia, Dama do Padroado Rosalía de Castro, Medalla Castelao, Galega Destacada, Medalla da enxebre Orde de Vieira, Premio 1º de Maio ao compromiso social e a solidariedade e o seu nome nunha praza de Vigo son só algúns dos recoñecementos a súa vida como poeta e como cidadá, comprometida sempre coa realidade social na que habita.

También te puede interesar