Agenda Cultura

Averigua máis sobre o teu pasado enterrando as máns

Debido ao éxito acadado coa visita organizada no obradoiro de arqueoloxía, o Servizo de Turismo Xuvenil en colaboración co Museo de Castrelos organiza para esta tarde (17 horas) outro obradoiro de dúas horas e media de duración para todos aqueles interesados. Unha experiencia didáctica, divulgativa e interactiva na que os participantes poderán transformarse en arqueólogos por un día.

Realizarase una excavación arqueolóxica para comprender e experimentar o proceso científico da investigación do pasado aspectos da vida cotiá das épocas excavadas, como eran a pesca, a caza, facer xoias, fundir metal… Todo isto permitirá un coñecemento e unha valoración maior do patrimonio histórico de xeito vivencial e rigoroso. Excavarase sobre o paleolítico, neolítico, castrexo e romanización. Se queres máis información ou inscribirte podes facelo na Casa da Xuventudo, no Punto Xove ou chamando ao 986 29 48 06.

También te puede interesar