Deportes Vigo al minuto

Récord de participación no Mundial de Taekwondo Universitario de Vigo

O director do Servizo de Educación da FISU, Kolë Gjeloshaj, e o presidente da comisión técnica de Taekwondo de FISU, Ken Min, durante a presentación dos eventos.
O director do Servizo de Educación da FISU, Kolë Gjeloshaj, e o presidente da comisión técnica de Taekwondo de FISU, Ken Min, durante a presentación dos eventos.

Cheo absoluto. Tanto o X Forum FISU que se celebrará do 21 ao 26 de xuño, como o XI Mundial de Taekwondo Universitario (do 29 de xuño ao 4 de xullo) contan con récord de participación tanto de países como de participantes. Dous eventos que terán unha importante repercusión deportiva e sobre todo económica para a cidade que coincidirá coa xuntanza da Conferencia de Decanos das Facultades de Ciencias do Deporte e un curso de verán sobre a innovación no taekwondo.

O Forum FISU celebrarase simultaneamente nos Centros Social e Cultural Caixanova e no campus universitario baixo a denominación ‘O deporte universitario, unha plataforma para o cambio’. Nel participarán arredor de 250 persoas entre estudantes e membros das distintas comunidades universitarias, das que 23 serán españolas. Ademáis, agárdase a participación de 75 países diferentes dos que 59 xa formalizaron a súa inscripción. Durante 6 días falarase dos plans estratéxicos do deporte universitario, do liderato feminino, do seu recoñecemento académico e da importancia de concienciación medioambiental a través do deporte e da educación.

Pola súa banda, o Mundial de Taekwondo reunirá a máis 400 deportistas de 42 países durante case unha semana no pavillón das Travesas, onde celebraranse todas as probas. Unha marea para a cidade que estará completada con adestradores e delegacións oficiais de cada país, así como árbitros e acompañantes. Entre as novidades, que cada competidor poderá participar en técnica e en combate, polo que se estaría falando «de dous campionatos nun».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.