Galicia

O ano pasado aumentou un 7% o número de casiñas de Fins Sociais marcadas na Renda

Un ano máis varias ONGs galegas únense para pór en marcha a campaña ‘X Solidaria’, coa que animar á xente a marcar o cadro de Fins Sociais na súa declaración da renda para contribuir co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos ao persoas maiores, discapacitados, infancia, mulleres ou sen teito, entre outros colectivos. Con estes cartos non se cubren costes de funcionamento, senón para os proxectos de cada entidade, algo fundamental en tempos de crise.

Marcando esta casiña o contribuínte axuda con custe cero, xa que non se lle vai cobrar máis nin a devolver unha cantidade distinta á marcada, senón que a cifra sae do 0,7% dos impostos retidos polo Estado. Xa o ano pasado o número de persoas que marxou este cadro medrou un 7 por cento, o que axudou a recadar 263,6 millóns de euros, uns 18 millóns máis que en 2008. Destes cartos o 77% irá destinado a financiar proxectos sociais, mentres que 51 millón adicaranse a proxectos de cooperación ao desenvolvemento e 7,5 a medioambientais.

En Galicia súmanse esta ano á campaña a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual en Galicia (Fademga), a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Fundación Secretariado Gitano, a Confederación de Centros de Desarrollo Rural (Coceder) e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

También te puede interesar