Vigo al minuto

Caballero viaxará o venres a Madrid para concretar as axudas ao coche eléctrico

Alcalde de Vigo/Tresyuno ComunicaciónSe o luns foi a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, quen estivo co director de Investigación de Citroën para garantir que o Porto estaría listo para acoller os novos coches eléctricos que fabricará a planta viguesa, o venres será o  alcalde quen viaxará a Madrid para intentanr concretar coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, as axudas que dará o goberno central a PSA Peugeot Citroën para a fabricación do mesmo en Vigo.

Abel Caballero asegurou hoxe que o Concello ten a iniciativa de converterse en «cidade piloto» do automóbil eléctrico, para o que conta co aval do Ministerio de Industria, e o «paso definitivo» na consecución deste obxectivo pasa por que a cidade tamén fabrique o coche.

Caballero sostivo que este proxecto é tamén «importante» na política viguesa de reducción de emisións de CO2, e o vehículo eléctrico debe traspasar a simple utilización para embarcarse na fabricación do mesmo. Coma exemplo delo, avanzou asemade que cando o proxecto sexa unha realidade, o Concello procederá á adquisición dunha flota deste tipo de vehículos para uso municipal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.