Comarcas

As praias de Portomaior e Agrelo, en Bueu, cambiarán de cara

A praia de Portomaior.
A praia de Portomaior.

O Ministerio de Medio Ambiente xa aprobou o proxecto de acondicionamento e protección das praias de Portomaior e Agrelo, en Bueu, que nestes días será remitido ás administracións afectadas (Concello e Xunta) para que poidan aportar as observacións necesarias xunto cos cidadáns. A aprobación definitiva podería producirse a finais de este ano, ao que habería de sumarlle os 10 meses que durarán as obras.

Cun orzamento de 2,9 millóns de euros, retranquearase o paseo marítimo e o vial de circulación existentes, creando un novo paseo e carril de circulación de sentido único para os coches. Ademáis, construirase un novo paseo peatonal de 3 metros de ancho para dar continuidade ao existente desde a praia de Agrelo ata a praia de Loureiro e un paseo de madeira pilotado no tramo final da praia de Portomaior. Tamén se habilitará unha zona de aparcamento e espazos libres de uso público e faranse traballos de drenaxe, estructuras, señalización e balizamento, redes de servizo (auga, eléctrica e telecomunicacións), alumeado público, moviliario urbano (bancos de granito, papaleiras de fundición, duchas, lavapés, zona de xogos infantís, mesas e bancos de madeira), xardinería e reposicións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.