_agenda Agenda

Aforra cartos cando vaias ao volante

Se queres facer un uso máis racional do coche e ter un novo estilo de condución co que aforrar ata un 15% de combustible sen diminuir a velocidade media e reducir a contaminación ambiental, o concello de Tui ten preparado para ti un curso de condución eficiente o vindeiro 24 de maio. Con monitores expertos, intentarase tamén aumentar a seguridade viaria e o confort que poderá comprobarse cunha proba práctica antes e despois da sesión teórica.

A actividade, gratuita, será no Telecentro do Edificio Área Panorámica en catro quendas (10, 12, 16 e 18 horas) cun máximo de 8 alumnos que terán a súa disposición un vehículo con medición de consumo. Durante o curso farase un percorrido que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación (cruzamentos, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.

Para participar inscribete na Biblioteca Municipal de Tui ou a través de correo electrónico a [email protected] indicando os datos persoais, DNI e teléfono de contacto. Ademais, os participantes deberán levar orixinal e fotocopia do carnet de conducir o día do curso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.