Comarcas Galicia

A Xunta culpa aos conductores da alta siniestralidade no Corredor do Morrazo

No que vai de ano xa morreron nesa estrada 7 persoas, a última un bebé de pouco máis dun mes que resultara ferido nun accidente de tráfico catro días antes no que tamén morría a avoa do pequecho. Os conductores implicados nese sinistro no Corredor do Morrazo aseguraban que non houbera nin exceso de velocidad nin se incumplira ningunha norma, ata o neno iba perfectamente colocado, pero que un despiste costou caro. Sen embargo, dende a Xunta aseguran que a alta siniestralidade na estrada é pola “concurrencia dun conxunto de circunstancias, entre as cales están as imprudencias graves” dos conductores.

Como alternativa ofrece o desdobramento do Corredor, aínda que sen concretar datas nin se iso suporía a privatización desta infraestructura. Mentras, o BNG, nunha pregunta no Parlamento galego, considera que se trata dun trazado moi perigoso consecuencia dunha obra “mal deseñada, mal executada e que supouxo un desastre para o medioambiente e o patrimonio cultural”. O grupo nacionalista esixe á Xunta que tome medidas eficaces, non só instalar cartaces recomendando reducir a velocidade.

También te puede interesar