Deportes Vigo al minuto

Ferrol C.B. y Maristas Celta, campións do X Torneo Internacional de Minibásquet

O X Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet cerrouse con dous claros campións: o Ferrol C.B. na categoría masculina e o Maristas Celta na feminina.

O Ferrol C.B., campión masculino.
O Ferrol C.B., campión masculino.

Na categoría masculina, os 12 equipos procedentes de Vigo, Galicia e Portugal estiveron divididos en catro grupos na fase de clasificación que se disputou no estadio de Balaídos e que lideraron na súa fase final o Caixanova Seis do Nadal (Vigo), o Instituto Rosalía de Castro (Santiago), o Estudiantes Fundación Balogal (Lugo) e o Ferrol C.B. (Ferrol). Dúas semininais moi igualadas e con gran intensidade que se decidíu en ambos casos no último periodo do encontro.

O Maristas Celta, gañador feminino.
O Maristas Celta, gañador feminino.

Mentras, na categoría feminina outros doce equipos víronse as caras para clasificarse para a semifinal o Caixanova Seis do Nadal (Vigo), o Maristas Celta (Vigo), o Porriño Baloncesto Base (O Porriño) e o C.B. Baiona. Na final, o Porriño Baloncesto e o Maristas Celta, que amosaron na pista un gran xogo e unha gran intensidade ao longo de todo o encontro. O último periodo da final comezou cunha pequena vantaxe de dous puntos a favor do Maristas que foi aumentando ata acadar un 25-33 co que proclamarse campión.

También te puede interesar