Destacados Vigo al día

A acampada polo albergue remata cunha concentración ás portas do Concello

Esta tarde, ás 19 horas, o programa VIH Sida e adicción Imán do Concello e a Comunidade Parroquial do Cristo da Victoria concentraranse na Praza do Rei, ás portas do Concello, para protestar “polas políticas institucionais do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, que de forma irresponsable están a dar un novo golpe de frustración cidadá” ao non chegar aos acordos precisos para a inmediata apertura do Centro de Emerxencia Social.

Nun acto sociocomunitarios, centos de persoas queren deixar clara que da igual que sexa no antigo Fogar San Pelaio, a coñecida como a ‘Gota de Leite’, ou en calquera outra localización, senón que o importante é conseguir pór en marcha canto antes o albergue para cubrir as necesidades básicas das persoas sen teito, moitas delas enfermas.

También te puede interesar