Destacados Vigo al minuto

Os mellores pilotos están esta fin de semana no Ifevi

O piloto Fernando Silva.
O piloto Fernando Silva.

Un circuíto complicado pero moi espectacular para o público. Esta é a impresión que os pilotos teñen do novo circuito creado para a cuarta edición do Racingshow Caixanova, con bancada exterior. Nel demostrarán o que saben tres campións do mundo de rallyes, Timo Salonen, Miki Biasion e Armindo Araújo que estrearán carreira neste novo circuíto cunha pista moi deslizante, con trazado en forma de oito e que este ano engade unha parte exterior que lle da máis emoción á proba.

A espectacularidade do circuito é o principal atractivo para os afeccionados ás carreiras nesta nova edición do Racingshow, que se enmarca na decimonovena edición do Salón do Automóbil de Vigo, que conta con licenza da Real Federación Española de Automobilismo e realizarase baixo a súa normativa e supervisión. En total, 49 pilotos competirán por alzarse coa victoria no Trofeo Caixanova.

Podes conseguir a túa entrada na taquilla o mesmo día da proba por 20 euros.

También te puede interesar