RGPD - Cookies
Cultura Destacados

O Festival do Norte arranca con moitos decibelios

Vilagarcía está de festa. O Festival do Norte encherá dous días a localidade con miles de melómanos que se achegarán ata alí para poder ver en directo á veintena de grupos que pasarán polos tres escearios dispostos no Recinto Exterior Fexdega de Vilagarcía. O festival, que nesta ocasión cumpre dez anos, enmárcase na iniciativa ‘Galicia ao vivo’, patrocinada polo Xacobeo 2010 que promove a celebración de 12 festivais musicais durante todo este ano en Galicia.

Hoxe a festa comezará no esceario Caixanova ás 18 horas co concerto de Emilio José, seguido de Hola todo el mundo (19 h) e Klaus & Kinski (20 h). O público pasará logo ao escenario Estrella Galicia, por onde pasarán Munich (20:45 h), Dorian (21:30 h), Fanfarlo (22:30 h), Nada Surf (23:45 h) e We ar Standard (01:25 h). Para os que queran pechar a noite, sesión de djs no FDN Dance Club con Clovis Dj’s (02:15 h) e DJ Lagartija (03:15 h). Mañá a música correrá a cargo de Los Planetas, Pete & The Pirates, El Gincho, JJ, Nudozurdo, La bien querida, Los Punsetes, Carreiro Blanco, DJ Polar y DJ Poti.

Aínda estás a tempo de conseguir a túa entrada, un abono de 30 euros para os dous días.

También te puede interesar