RGPD - Cookies
Cultura

O jazz estreará o recén reformado Auditorio Municipal

A partires do vindeiro 23 de xuño e durante un par de semanas o jazz invadirá moitos rincóns da cidade, incluido o recén reformado Auditorio Municipal. Será coa sexta edición do festival Imaxina Sons, que nesta ocasión céntrase no jazz europeo e fai incursións no latinoamericano para colocar a Vigo no mapa dos grandes eventos jazzísticos de España.

O concerto inaugural terá lugar no Centro Cultural Caixanova o 23 de xuño a cargo do pianista Martial Solal. E o jazz feito en Galicia terá un lugar preferente con actuacións como a de Tri-Ez, na que participará Baldo Martínez. Haberá concertos gratuitos, como os que terán lugar no Conservatorio Superior de Música (de entrada libre ata completar aforo) e na Praza da Constitución.

Os de pago, en Caixanova, Marco e Auditorio Municipal estarán a disposición do público a un módico precio. As entradas poderán mercarse a partires do 1 de xuño a través da web de Caixanova ou chamando ao 902 504 500. Os abonos para asistir a todos os concertos de pago estarán á venda o 5 de maio.

Entre a programación destaca o espectáculo adicado ás familias que terá lugar o 24 de xuño no Auditorio Municipal e o concerto de clausura no Centro Cultural Caixanova o 4 de xullo con Dave Douglas Quintet.

También te puede interesar