Destacados Vigo al minuto

O BNG proporá eliminar a autopista entre Teis e o centro

A deputada do BNG Olaia Fernández Davila presentará no Congreso unha proposta ao Ministerio de Fomento para reconvertir en vía urbana o tramo de autopista AP-9 desde a saída de Bos Aires ao centro de Vigo, unha vella demanda dos veciños de Teis que acabaría coa conxestión de tráfico de Sanxurxo Badía e Travesía de Vigo.

Os nacionalistas cren que este é o momento para facelo, xa que Fomento está a traballar na construción da estación provisoria de Guixar, no soterramento das vías para a chegada da alta velocidade e na ampliación de Rande. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que a actual configuración da autoestrada parte o barrio de Teis en dous.

A reforma, que permitiría a entrada e saída da autoestrada cunha gran rotonda, tería un coste “mínimo” dentro do orzamento para calquera dos proxectos que Fomento realizará na cidade e o mantemento sería asumido polo concello de Vigo. Ademais, permitiría humanizar os accesos ao Troncal e ao barrio das Flores.

También te puede interesar