Destacados Vigo al minuto

O BNG proporá eliminar a autopista entre Teis e o centro

A deputada do BNG Olaia Fernández Davila presentará no Congreso unha proposta ao Ministerio de Fomento para reconvertir en vía urbana o tramo de autopista AP-9 desde a saída de Bos Aires ao centro de Vigo, unha vella demanda dos veciños de Teis que acabaría coa conxestión de tráfico de Sanxurxo Badía e Travesía de Vigo.

Os nacionalistas cren que este é o momento para facelo, xa que Fomento está a traballar na construción da estación provisoria de Guixar, no soterramento das vías para a chegada da alta velocidade e na ampliación de Rande. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que a actual configuración da autoestrada parte o barrio de Teis en dous.

A reforma, que permitiría a entrada e saída da autoestrada cunha gran rotonda, tería un coste «mínimo» dentro do orzamento para calquera dos proxectos que Fomento realizará na cidade e o mantemento sería asumido polo concello de Vigo. Ademais, permitiría humanizar os accesos ao Troncal e ao barrio das Flores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.