_agenda Agenda

Tui está cheo de pequenos escritores

O mes cheo de actividades arredor dos libros en Tui continúa hoxe cun obradoiro para nenos ás 17:30 horas. Eduvia encargarase da ‘Creación do noso propio libro’, no que os máis pequenos da casa poderán sentirse por unhas horas como o mellor escritor do mundo e facer a súa propia novela.

O obxectivo é achegar o libro e a lectura a todos os cidadáns e promover a consideración da lectura como unha ferramenta indispensable para a formación das persoas e unha boa opción para o tempo de lecer. Ademais, o programa do ‘Mes de libros’ complétase cun actividades para adultos, como unha sesión de contacontos a cargo da actriz Sherezade Barjadí e un recital poético-musical do escritor Xosé Carlos Caneiro.

Tamén dentro deste programa recupérase o concurso de caligramas despois de tres anos, o único desta modalidade poética que se fai en Galicia.

También te puede interesar