_agenda Agenda

Vigo é puro teatro

Se a tarde non acompaña, nada mellor que pasar a fin de semana de obra de teatro en obra de teatro. E tes moitas zonas de Vigo, moitas clases e moitas obras onde elexir grazas a ‘Vigo a escena 2010‘. Para os pequechos da casa, sempre ben acompañados, Paprika Teatro leva ao CCAR de Valadares (19 h) a obra ‘Un día moi especial’. Uns 45 minutos de espectáculo no que o dúo Os Pablos terá que facer o seu show musical fronte a un xurado que podería chegar a elixilos para participar nun gran festival. O público fai palmas, canta e todo vai ben ata que de súpeto se presenta un gato que di saber como axudalos a saír do que, ao seu parecer, será un inevitable fracaso.

Para os maiores, catro espectáculos para elexir. Ás 19 h Máscara Produccións representará na AVV ‘Emilio Crespo’ de San Paio de Navia ‘Por diante… e por detrás’, na que durante 90 minutos xuntaranse unha histérica compañía de teatro, unha estrea e unha xira. Sardiñas, enredos sexuais e portas, moitas portas. Unha ollada ao mundo do teatro por diante e por detrás, unha comedia onde todo o mundo é pillado no acto.

A compañía de teatro afeccionado Lareira traenos ‘Infinitas posibilidades’ á AVV do Fragoso (19:30 h), un espectáculo dividido en dúas partes: a primeira con 5 sketches que amosan as infinitas posibiloidades que xorden de relacións de parella e amor; a segunda unha obra breve cunha delirante sucesión de posibilidades cómicas. A rutina, a infidelidade, o amor na igrexa, os ciumes, o embarazo e unha emisora de radio na que un compañeiro se declara a outro en directo. Hai moito onde escoller…

Ás 20 h Porta Aberta leva á SCRD ‘Nautilus’ de San Andrés de Comesaña a súa obra ‘A Bufarda’, case dúas horas de experimento teatral que contén a dous homes do futuro. O presente da obra é ese indeterminado século XXX. E, para rematar a xornada, O Trasno leva ao escenario ‘D2N2-3’ ao SCAR ‘Helios’ de Bembrive (21 h), unha estraña mestura baseada en textos de varios autores que dan base a tres diálogos. ‘De dous en dous, tres’ presenta situacións que a primeira vista poden parecer imaxinarias pero que quizais non o sexan tanto.

También te puede interesar