_agenda Agenda

Maxia e malabarismos a ambos lados da ría

O mago Martín Camiña.
O mago Martín Camiña.

Actuacións para todos os gustos a ambos lados da ría. O mago Martín Camiña chegará a Cangas esta tarde (20 h) co seu espectáculo ‘A outra realidade’ nunha velada organizada no auditorio municipal. O protagonista, Martin Walker, acompañado por un peculiar axudante, o seu primo Gabi, realiza un percorrido máxico a través da ciencia, a historia e o humor, pensado para todos os públicos. Unha obra que  fala de magos como Leonardo da Vinci, Arquímedes, Einstein, Newton, etc…, magos que pensaron en imposibles para descifrar a outra realidade.

Os protagonistas realizan unha viaxe no tempo, amosándonos realidades paralelas, tan diferentes e tan parecidas, a través de diferentes épocas. Ilusións con cadeas, cordas e aparatos que modifican o noso corpo, espadas, mensaxes desde o máis alá ou obxectos que levitan serán o nexo de unión entre o presente e as viaxes no tempo. Un espectáculo para toda a familia dirixido maxicamente polo Mago Antón.

Pero se prefires outro tipo de artistas, colle o barco cara o outro lado da ría. O centro comercial A Laxe tenche preparado un espectáculo de malabarismos con hula-hoops. Tres sesións ás 18, 19 e 20 horas coas que disfrutarán pequenos e maiores.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.