RGPD - Cookies
_agenda Agenda

A cidade dos soños comeza facendo un mural xigante

Un gran mural cerámico de 13 metros de longo e 3 de alto. Ese será o resultado do proxecto ‘Pegadas e Fume’, no que participarán 1.800 persoas para crear una obra de arte colectiva coa producción de baldosas de cerámica que revestirán un escenario próximo ao auditorio do Parque de Castrelos cunha clara intención: deixar a zona o máis fermosa posible. Esta é unha das iniciativas enmarcadas na ‘Cidade dos soños’, que arrinca hoxe de 10 a 13:30 e de 16 a 20 h con diversas actividades para sacar a arte a rúa e para involucrar á cidadanía

Os vigueses que se inscriban no proxecto terán tamén mañá e o 1 e 2 de maIo para producir as pezas orientados por profesionais por un procedemento de enmascaramento no que se utiliza fume e que permite inmediatez. O 9 de maio será a festa inaugural e a presentación al público de este proyecto que levará o nome de todas as persoas que participen no reverso da creación. A súa ubicación será o palco situado no parte de Castrelos.

Xunto a este mural, entre o 21 de xuño e o 4 de xullo cinco artistas executarán os seus traballos en diferentes zonas da ciudade para realizar a exposición ‘Natureza con arte’, que estará aberta no Pazo Quiñones de León e os seus xardíns do 22 de xullo ao 31 de outubro.


También te puede interesar