Deportes Vigo al minuto

400 deportistas no Torneo Internacional de Minibásquet de Coia

Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia será o encargado de organizar nesta tempada o X Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010, unha cita anual coas categorías inferiores que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de maio do 2010 e que reunirá a máis de 400 deportistas e ao redor de 40 técnicos. Este é un dos torneos con maior tradición e prestixio de Galicia, no que se reúnen mellores canteiras de baloncesto da comunidade e de Portugal.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros os Estadio Municipal de Balaídos, contando cun total de 4 pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o sábado 1 de maio, e outros tantos en categoría masculina que terán a súa quenda de xogo o domingo 2 de maio.

Entre os equipos que participarán nesta nova edición do torneo repiten experiencia o Porriño Baloncesto Base, C.B. Baiona, Colexio Salesianos, Gafanha Basquetebol, Marín Peixegalego, Básquet Coruña, FC Porto, C.B. Arxil, Carmelitas de Ourense, R.C. Celta, Instituto Rosalía de Santiago ou o anfítrión o C.B. Seis do Nadal-Coia, aos que se lle suman outros conxuntos de nova incorporación neste ano 2010 como son o Estudiantes de Lugo, C.B. Ferrol e Pío XII de Santiago.

Como preámbulo a esta 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres 30 de abril do 2010 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes se celebrará o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010. Serán os máis pequenos os que den o pistoletazo de saída a unha fin de semana repleta de minibásquet e moitas experiencias.

También te puede interesar