Deportes Vigo al día

Homenaxe á campiona de España de squash Xisela Aranda

Os tres deportistas esta mañá con Xabier Alonso.
Os tres deportistas esta mañá con Xabier Alonso.

Acaba de gañar o Campionato de España absoluto feminino de squash en Valencia, por iso Xisela Aranda foi recibida esta mañá polo concelleiro de Deportes. Xabier Alonso aprobeitou a ocasión para felicitar á deportista e animala a seguir por ese camiño, xa que “traballar no deporte de base é o paso fundamental para chegar ao deporte de élite”. Ademais, o concelleiro aproveitou a ocasión para felicitar a Hugo Varela, seleccionado para a selección absoluta de squash, e a Iván López, campión de España sub-11 que maña competirá en Palencia no campionato sub-13.

Os tres foron agasallados con un exemplar da obra ‘Vigo cidade das ondas’, con textos do xornalista Eduardo Rolland e imaxes do fotógrafo Javier Tenente.

También te puede interesar